Reigosa terá a súa Festa de Ano Vello este mércores con música e pinchos

A Casa Sociocultural de Reigosa, na Pastoriza, acollerá o este mércores, 31 de decembro, a Festa de Ano Vello, unha proposta festiva coa que a veciñanza poderá despedir o ano de maneira anticipada e nun ambiente de convivencia. O encontro dará comezo ás 13.30 horas e está pensado como unha celebración aberta e participativa.
A xornada contará con animación a cargo de Lilicleta, cunha disco ambulante que percorrerá o espazo e porá música á celebración. Ademais, as persoas asistentes poderán desfrutar de pinchos, vermú, chocolate e das tradicionais badaladas, nun formato que combina lecer, gastronomía e encontro social.
Desde a organización anímase á participación da veciñanza nesta cita, concibida como un momento para compartir, celebrar e despedir o ano 2025 nun ambiente festivo antes da chegada do novo ano.