Remata a 46 edición do Rally San Froilán coa vitoria de Daniel Berdomás

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa
O paso dos vehículos foi seguido por numeroso público, que deu conta da especial afección ao automobilismo na cidade e nas comarcas
46-edición-do-Rally-San-Froilán
21 Out 2024

Unha ano máis remata unha máis que exitosa edición do Rally San Froilán que tivo saída na Praza da Horta do Seminario, por onde desfilaron os 150 equipos que participaron na 46 convocatoria da proba lucense. O paso dos vehículos foi seguido por numeroso público, que deu conta da especial afección ao automobilismo na cidade e nas comarcas de Lugo. Daniel Berdomás e Brais Mirón conseguiron impoñerse cun Skoda Fabia R5 na cita, última proba para o Campionato de Galicia deste ano e onde o coruñés sumou a súa segunda vitoria consecutiva.

No segundo posto resultaron o lucense Francisco Dorado e Andrea Lamas co Citroën C3 WRC e o terceiro foi para Alberto Meira e Avelino Martínez co seu Skoda Fabia Rally2. Martínez facíase co título de campión galego de navegantes mentres que Alberto Meira lograba o título de subcampión. Efrén Castro destacou a “alta participación de equipos lucenses,  algún deles como Pablo López, gañador do Volante Deputación, debutando na competición, que converten este rally no máis emblemático e popular do campionato galego”. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo é a principal patrocinadora da proba, que continúa esta fin de semana. Os pilotos volveronn aos treitos de Outeiro de Rei, e correron tamén nos do Corgo, Láncara e Goián (Sarria).

0.1621470451355