Remata a cata de Casa do Mel de Goente co reparto de premios

TerraChaXa
Dentro da programación tamén se incluíu un relatorio
ganadores-cata-de-meles-goente-as-pontes
24 Dec 2024

A Casa do Mel de Goente acolleu unha nova edición, a XVII, da Cata de Meles logo que facer previamente a selección de finalistas.

Nesta edición Ana Mendoza Campo foi a gañadora en meles escuros, seguida de Luis Pernas Lage, que se fixo co segundo galardón. Mendoza tamén se fixo co premio en meles monoflorais.

En meles claros, o gañador foi Iván Díaz Souto, deixando a segunda praza para Víctor Millares Rodríguez.

Dentro da programación tamén se incluíu un relatorio co título Produción primaria, envasado e comercialización de produtos apícolas, a cargo de Iago Vilela, técnico da casa do mel.

0.16714811325073