Remata a construcción da senda peonil entre A Veiga e o colexio de Muras
En Muras remataron as obras de construcción da pasarela peonil que comunica A Veiga co colexio público da capitalidade.
Deste modo, pecha un circuíto circular que permite aos veciños poder camiñar fóra das zonas de coches e evitar os perigos especialmente nas horas de escuridade.
Aínda que as obras estaban previstas para ter rematadas no mes de xaneiro, os aspectos burocráticos retrasaron moito a súa execución, xa que se necesitou permisos de Augas de Galicia e da sede episcopal de Mondoñedo, que se demoraron moito, segundo explicou o concelleiro socialista Mario Rouco Rey.
Estas obras foron feitas con orzamentos propios e van paralelas ao regato de Muras, que limparon hai seis meses pero que necesita dunha nova limpeza xa que se atoparon varios restos.