Remata a construción da pista de pádel de Meira

TerraChaXa
O Concello de Meira rematou xa as obras de construción da pista de padel, que está situada ao lado da nova área de autocaravanas.
pista padel meira
5 Ago 2021

O Concello de Meira rematou xa as obras de construción da pista de padel, que está situada  ao lado da nova área de autocaravanas, inaugurada no ano 2019.

De feito, entrará en breves días en funcionamento. O Concello está a preparar o sistema de reserva da pista, que será on line e aberta a toda a veciñanza e que comezará a funcionar en breve.

As obras foron financiadas cunha aportación da Xunta de Galicia, dende o departamento de Deportes, e tiveron un orzamento de 28.000 euros, dos que o ente autonómico aportou 20.000 e o resto foi con cargo aos fondos propios do Concello.

A obra conta nun primeiro momento con facer o peche da pista e a intención do Goberno local é cubrila en canto sexa posible, tal e e como explicou o concelleiro responsable desta área, Agustín Méndez.

“O obxectivo será poder cubrirla para utilizala de cara ao inverno, para o que buscaremos tamén financiamento”, indica Méndez.

Segundo explica o concelleiro, esta pista era unha “das promesas que tíñamos para cumprir e xa está en marcha”, engade.

0.19276785850525