Remata a construción dun circuíto vial no CEIP Terra Chá de Vilalba
O CEIP Terra Chá rematou xa a consturción do seu circuíto vial, grazas ao ser beneficiado do programa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda Plan Proxecta+.
O Plan Proxecta+ é unha iniciativa en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.
Así, realizáronse varias melloras no parque infantil do centro, entre as que figuran o pintado dun circuíto vial para infantil con simulacros estradas, señalización; a renovación de mobiliario de descanso (bancos, cadeiras); incorporación de zona axardinada, e incorporación dun kart e novas minimotos para o circuíto vial.
A incorporación da eduación vial é unha dos obxectivos xerais de etapa da nova lei de educación, LOMLOE, que entrará en vigor a nivel curricular o próximo curso.
O centro recibiu da Consellería novos pupitres e cadeiras de diferentes tipos para os cursos 1º2º3º 4ºprimaria e tamén instalou un pasamanos novo adaptado ao alumnado de infantil.