Remata a execución da obra de mellora da praia fluvial de Cabreiros, realizada co apoio da Deputación

TerraChaXa
Levouse a cabo tamén a rehabilitación de vías municipais nos lugares de Amosa e Cristo, tamén na mesma parroquia
mellora-praia-fluvial-cabreiros
13 Dec 2025

O Concello de Xermade vén de xustificar a execución da obra de mellora da praia fluvial de Cabreiros, co financiamento da Deputación de Lugo a través dun convenio de colaboración asinado en decembro do ano 2024.

Xunto con esta actuación, levouse a cabo a mellora de vías municipais nos lugares de Amosa e Cristo, tamén na parroquia de Cabreiros. O investimento total ascendeu a 102.196,87 euros, dos cales o concello achegou 24.968,09 euros e a Deputación 77.228,78 euros.

⚙ Configurar cookies
0.08582592010498