Remata a impermeabilización do depósito meirense de auga de Grañanova
O Concello de Meira deu por finalizadas as obras de impermeabilización do depósito de auga potable de Grañanova, unha actuación subvencionada por Augas de Galicia e financiadas no marco do Eixe React-Ue do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 para o ano 2021.
O que se pretendeu coa realización deste proxecto foi a impermeabilización do interior do depósito de auga de Grañanova, co que se conseguiu un maior volume de auga ao non haber filtracións, e a substitución das reixas de ventilación para dar unha maior seguridade o depósito.
A obra contou cun orzamento de 13.800,68 euros e completan ás actuacións e desenvolveuse a partir do mes de outubro, aproveitando o tempo de chuvias.
Esta obra completou á realizada o pasado ano de dotar dunha estación de tratamento de auga potable (ETAP) no depósito municipal de Grañanova. O obxevctivo desta medida era corrixir os problemas de exceso de ferro e aluminio.
Os traballaos consistiron principalmente na colocación de filtros para que a auga chegara xa limpa ao depósito.