Remata a instalación do novo alumeado en Buxibán, Codesido

TerraChaXa
O Concello de Vilalba informa á veciñanza de que xa estás rematadas as obras de renovación do alumeado público no barrio de Buxibán, na parroquia de Codesido, cun investimento de 29.
Captura de pantalla 2020 07 22 a las 10.50.48
22 Xul 2020

O Concello de Vilalba informa á veciñanza de que xa estás rematadas as obras de renovación do alumeado público no barrio de Buxibán, na parroquia de Codesido, cun investimento de 29.000 euros.

O grupo de goberno da resposta a unha demanda veciñal cun proxecto que ademais reduce o custo enerxético e económico mediante a substitución das antigas luminarias, de baixo rendemento e alto consumo, por tecnoloxía LED.

Debido ao mal estado dos postes, foi necesaria a renovación completa da instalación, cun alumeado máis eficiente que tamén mellora o impacto visual e reduce a contaminación lumínica, xerando as minimas emisións de CO2.

“Remataron uns traballos que mellorarán de forma considerable o alumeado da zona, impulsado ademais coa tecnoloxía LED o respecto ao medio ambiente e o aforro económico”, afirma Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas.

As obras supuxeron a posta en marcha de 21 novos puntos de luz e o concello acometerá actuacións similares noutros puntos do municipio a curto e medio prazo, cumprindo co obxectivo de mellorar o conxunto do alumeado público na lexislatura.

0.16955089569092