Remata a obra de construción do azud para solucionar os problemas de auga en Castro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Castro de Rei rematará a próxima semana os traballos de construción do azud no río Azúmara, co que se trata de solucionar os problemas de turbidez da auga da traída nalgunhas parroquias do termo municipal, concretamente as de Azúmara, Balmonte e Goberno, así como unha parte da capitalidade municipal, que recollen auga do depósito de Ramil.
construcion azud castro de rei 1
6 Dec 2023

O Concello de Castro de Rei rematará a próxima semana os traballos de construción do azud no río Azúmara, co que se trata de solucionar os problemas de turbidez da auga da traída nalgunhas parroquias do termo municipal, concretamente as de Azúmara, Balmonte e Goberno, así como unha parte da capitalidade municipal, que recollen auga do depósito de Ramil.

Para facer os traballos desviouse o leito do río e agora se está a facer o contrario, que as augas volven ao lugar correcto e facer o recheo.

A actuación consistiu na renovación do azud para embalsar a auga antes de pasar ao pozo de bombeo. A partir da agora, durante o proceso a auga pasará por varios filtros para evitar que arrastre restos ao depósito de Ramil.

O azud estaba en malas condicións e tiña problemas de filtrado polo que en días de moita choiva o auga arrastraba restos e enturbaba a captación.

Este proxecto ten un orzamento de 48.000 euros, financiados polo Plan Único da Deputación.

O BNG aposta polo desenvolvemento da rede de abastecemento de auga en Castro de Rei

O BNG presentará, no Parlamento galego emendas aos orzamentos da Xunta para que se aporten os fondos precisos para completar a rede de abastecemento de auga no concello de Castro de Rei.

Segundo o PXOM as parroquias de Ludrio, Triabá, Dumpín, Mondriz, Duancos, Orizón, Pacios, parte de Prevesos, parte de Bazar e tamén Matodoso, aínda non contan con rede de abastecemento de auga. “Cando falamos de mellorar servizos nun concello sempre se vai a cousas que causen lucimento máis que a que veciñanza teña un servizo básico como abastecemento de auga que é vital”, explicou a portavoz nacionalista

"A Xunta de Galicia está a levar a cabo campañas publicitarias, encamiñadas a que persoas do ámbito urbano se vaian vivir aos pobos rurais", din. Para o BNG resulta “bastante evidente que por moitos carteis publicitarios que se poñan, por moita propaganda que se faga, se no ámbito rural se seguen a recortar os servizos básicos, tal e como leva facendo a Xunta dende hai varios anos, se se segue a levar a cabo unha política de demolicións dos sectores produtivos baseados nos nosos recursos, estas campañas serán mera propaganda sen ningún tipo de efecto práctico”. “Se a Xunta quere apoiar realmente a quen vive no rural, debe afrontar os problemas verdadeiros de quen vive no rural e aportar fondos, neste caso, para o abastecemento de auga” concluíu Olga García

construcion azud castro de rei 2
0.22014212608337