Remata a obra de mellora na vía que une dous barrios de Oleiros, en Vilalba
TerraChaXa
O tenente de alcalde e Responsable de Infraestruturas Rurais de Vilalba, Modesto Renda, anunciou o fin da obra de renovación e mellora da vía que une os barrios do Carboeiro e Vilariz, na parroquia de Oleiros.
27 Feb 2024
O tenente de alcalde e Responsable de Infraestruturas Rurais de Vilalba, Modesto Renda, anunciou o fin da obra de renovación e mellora da vía que une os barrios do Carboeiro e Vilariz, na parroquia de Oleiros. O custe desta nova actuación foi de 15.652 euros e o financiamento foi ao 100% municipal.
Esta é a segunda obra que se realiza en Oleiros dende o inicio da presente lexislatura e a previsión da Área de Infraestruturas Rurais é complementala con novos investimentos nos barrios da contorna.