Remata a obra de reconstrución da Ponte da Ribeira, en Samarugo

TerraChaXa
A nova infraestrutura tivo un custo de 47.000 euros e está pensada para asegurar o paso nunha zona declarada como inundable
ponte-da-ribeira
3 Feb 2025

O tenente de alcalde Modesto Renda anunciou hoxe o remate dos traballos de reconstrución integral da Ponte da Ribeira, na parroquia de Samarugo.

A nova infraestrutura tivo un custo de 47.000 euros e está pensada para asegurar o paso nunha zona, a da Ribeira, declarada como inundable pola Confederación Hidrográfica do Miño Sil.
Tal e como explicou Renda, a actuación preveu o aumento de máis de 50 cm da súa capacidade orixinal, o que permitirá que a nova ponte soporte moito máis caudal en beneficio das parcelas e as vivendas da contorna.

Financiada con cargo ao Plan Único 2024, esta nova actuación municipal supón un paso máis na aposta do Concello de Vilalba pola renovación das infraestruturas das parroquias.

0.19294404983521