Remata a obra de recuperación do lavadoiro de Muras
Remataron as obras de recuperación do lavadoiro de Muras que fora destruído nun accidente na primavera do ano pasado. O traballo de recuperación deste ben municipal estivo ao cargo da mesma empresa que remodelou a pontiga de Samil.
Un vehículo de grandes dimensións durante unha manobra de aparcamento foi o responsable de que se viñese abaixo por completo a estrutura do antigo lavadoiro comunal situado na praza de Vilalba. Trátase dunha edificación histórica que requeriu dun orzamento de 12.000 euros para a súa restauración, dos que o seguro do accidente só se fixo cargo dunha parte, menos da metade.
Debido ao estado no que quedou, a estrutura tivo que ser levantada de novo, dende os catro piares que a sostiñan como a madeira e as lousas.