Remata a obra de renovación da vía que comunica Belesar con Cazás

TerraChaXa
Renda contrastou coa veciñanza da parroquia o resultado dunha actuación, que tivo un custe de 10.943,24 euros
obra-belesar
6 Oct 2025

O Concello de Vilalba renova por completo a vía que une a parroquia de Belesar con Cazás. Así o confirmou o tenente de alcalde e responsable de Infraestruturas Rurais Modesto Renda quen contrastou coa veciñanza o resultado dunha actuación que tivo un custe de 10.943,24 euros.

Concretamente, o Concello actuou sobre toda vía ata o límite con Xermade, co recargo e a nivelación das capas base e á súa pavimentación mediante dobre rega asfáltica en toda a superficie.

Ademais a obra incluíu a limpeza de cunetas co fin de aumentar a vida útil da vía.
Un novo proxecto de mellora na rede viaria do rural vilalbés que deixa completamente renovado unha das vías en peor estado do termo municipal.

"Esta obra era un compromiso adquirido coa veciñanza de Belesar, pois fixouse como prioridade na última reunión celebrada na parroquia" declarou Modesto Renda.

⚙ Configurar cookies
0.11146306991577