Remata a poxa na Granxa Gayoso Castro coa venda de nove reses
A Granxa Gayoso Castro da Deputación de Lugo acolleu este luns unha poxa pública de gando na que se venderon por un prezo medio de 2.400€ un total de 9 cabezas de gando bovino das instalacións provinciais. O Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, asistiu á venda deste rabaño composto por 10 novillas do centro de recría da institución provincial.
A poxa foi en vivo, a man alzada, e con sistema ascendente, de xeito que comezou cun prezo de saída establecido para cada categoría que se foi incrementando a través de sucesivas poxas, en tramos de 50€. Adxudicouse o exemplar interesado ao prezo de remate ou prezo da última poxa realizada polo mellor ofertante. O prezo máis alto pagado foi de 2.800€. En total, a venda de todas as reses sumou 19.725€.
Mediante a Granxa Gayoso Castro e os diferentes proxectos de investigación e recría, a Deputación de Lugo impulsa o sector primario da provincia, dende unha visión global e estratéxica do territorio e dende o coñecemento da súa realidade e oportunidades.