Remata a primeira fase das obras da Cámara Agraria de Begonte

TerraChaXa
Remataron estes días as obras que se levaron a cabo no obradoiro de emprego de albañilería e xardinería no Concello de Begonte realizado xunto con Rábade e Friol nos últimos nove meses.
3 Jul 2018

Remataron estes días as obras que se levaron a cabo no obradoiro de emprego de albañilería e xardinería no Concello de Begonte realizado xunto con Rábade e Friol nos últimos nove meses. Este obradoiro encargouse da reforma de dúas das tres prantas do edificio da cámara agraria, un edificio que se orientará á atención veciñal pero que aínda non ten definida a súa función, agás na primeira pranta, na que se ubicará unha aula de formación e un telecentro, unha obra que se fará cunha axuda do GDR que está a piques de conceder esta entidade.

Unha vez rematada esta primeira fase haberá unha segunda parte para o enfoscado, tabiquería, fontanería e electricidade, que se acometerá con fondos propios do concello para o próximo ano antes de poder dotalo de mobiliario para comezar a traballar.

Ademais, tamén se fixeron traballos de xardinería na contorna do centro de saúde, no que se axardinou a parte de atrás xunto á Nacional VI.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17003297805786