Remata a primeira volta da Liga de Bolos

TerraChaXa | AMariñaXa
22 Dec 2020

Remata a primeira volta desta XXXII Liga de Bolos Concello de Xove sen que a covid-19 interrompise o seu desenvolvemento con 10 tiradas consecutivas celebradas.  Segundo destacan dende a organización, axudou o feito de que "todos cumpriron estrictamente o protocolo establecido para competición. Lóxicamente, o celebrarse a competición totalmente no exterior, axudou a que non tivésemos ningún problema coa covid-19". A última proba do ano tivo lugar esta fin de semana no centro social de sumoas.

Liga Senior Masculina

10ª e última tirada deste ano 2020. A falla de 8 tiradas para o final, xa hai unhas diferenzas significativas na cabeza da táboa e entre a cabeza e o resto.

O vixente campión, Miguel Formoso, avanza con paso firme  cara renovación do seu título; a victoria obtida nesta tirada consolídao na cabeza, onde marca unha distancia de 15 puntos sobre Óscar, segundo clasificado con 73 puntos, e, polo momento, a gran revelación do campionato; está xogando a un nivel moi alto, está sendo moi regular, en fín, apunta a podium final. Por detrais, o incombustible Arturo Vigo, que si é certo que non está ao nivel dos seus mellores anos, inda atesoura unha calidade incuestionable e, ano trais ano, manténse nos postos de cabeza como se os anos non pasasen por él.

Por detrás, os perseguidores perden fuelle, con Jorde Meitín a 13 puntos de Arturo e a 37 do líder, seguido por Francisco Pérez, Rafael González, etc.

Liga Senior Feminina

O dominio de Julia López na categoría é aplastante, con 6 victorias de 10 probas celebradas. Emoción non lle falta a esta liga, xa que por detrás veñen 4 xogadoras moi igualadas que pelexarán pola 2ª e 3ª posición finais; Belén Meitín, Carmen Roca, Salomé Bermúdez e Concepción Piñeiro; por certo, Concepción, que nas últimas tempadas sempre estaba pola parte baixa da clasificación, este ano deu un paso adiante e subiu un escalón no seu xogo, competindo en igualdade coas súas compañeiras; o seu segundo posto na clasificación con 26 puntos, compartido con Belén Meitín, así o atestigua.

Liga Sub 16

Oitava victoria de Xenxo, quen con 59 puntos vai camiño do seu primeiro entorchado na súa categoría. Christian Cociña, que non puido participar na tirada, ve como se alonxa Xenxo, pero cremos que o seu segundo posto final está máis que garantido. A emoción nesta categoría base está na loita polo 3º posto, para o que Iker Cociña con 26 puntos e Jordi Cancelos con 19 se postulan con máis claridade.

A próxima tirada  vai ter lugar no Club Palmeiro na Rigueira, o sábado 16 de xaneiro.

0.19471788406372