Remata a quinta fase da escavación no Castro de Saa

TerraChaXa
Estes días están a rematar os traballos correspondentes á quinta fase da escavación do Castro de Saa, organizados polo Concello da Pastoriza.
106244612_3132243343480396_3483568997081654826_n
3 Xul 2020

Estes días están a rematar os traballos correspondentes á quinta fase da escavación do Castro de Saa, organizados polo Concello da Pastoriza. Segundo as primeiras análises, estanse a ofrecer uns "resultados moi interesantes".

Neste mes de escavacións foron clasificados varios achados importantes tanto en utensilios domésticos como de cerámica e muíños.

Ademais, durante a escavacións, os arqueólogos atoparon un habitáculo de 26 metros cadrados. Así mesmo deduciron que hai dous espazos diferenciados no edificio e que un deles indica que podería ser un lugar de traballo.

A fronte desta quinta campaña estivo de novo o arqueólogo Emilio Ramil, responsable tamén das anteriores expedicións.

Mentres este ano centráronse na zona da esquerda da entrada principal ao recinto habitacional o ano pasado centráronse no paramento da muralla e parte dunhas construcións que formarían parte da arquitectura urbanística do castro.

Este ano amplian así en 80 metros cadrados e continúan coa escavación da muralla coa idea de deixar á vista complementamente as construcións que saíron parcialmente o ano pasado.

Os obxetivos que se marcaban nesta acción son tres, o primeiro era continuar coa investigacion de urbanismo, da cronoloxía da croa e do castro para seguir aportando datos a través do material atopado. O segundo foi continuar coa posta en valor descubrindo novos elementos arquitetónicos e consolidándoos. E o terceiro obxetivo consistía en sacar os datos para a reconstrución virtual de como sería a arquitectura da croa.

Na campaña, que durou todo o mes de xuño, traballaron 10 persoas, dous arqueólogos, un técnico especializado en fotogrametría, catro peons auxiliares de arqueoloxía, un arqueólogo que se ocupará do estudio e inventario do material atopado, unha restauradora e un auxiliar de restauración.

106067892_3132243586813705_1371195354529701112_n
103960303_3103989029639161_298621683886056449_n
0.12261509895325