Remata coa Cabalgata de Reis o programa de Nadal en Guitiriz

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz remata este mércores coa Cabalgata de Reis a programación municipal de actividades para o Nadal.
visita reis magos guitiriz portada
2 Xan 2022

O Concello de Guitiriz remata este mércores a programación municipal de actividades para o Nadal tras dúas semanas de obradoiros, inchables, un tren infantil e outras. 

Así este 5 de xaneiro está prevista a tradicional visita dos Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar.

Ás 16.30 horas estarán no Campo da Feira de Parga e ás 17.30 no de Guitiriz.

Ademais, haberá unha actuación musical do grupo de gaitas Caivanca.

Todas as actividades levaranse a cabo dun xeito seguro, respectando todas as medidas de prevención marcadas polas autoridades sanitarias.

0.098452091217041