Remata con bos resultados a participación da Escola de Movemento no Mundial de Danza
TerraChaXa
Os rapaces e rapazas da Escola de Movemento de Vilalba pecharon a súa participación no Mundial de Danza cuns grandes resultados.
8 Xul 2019
Os rapaces e rapazas da Escola de Movemento de Vilalba pecharon a súa participación no Mundial de Danza cuns grandes resultados. Un total de catro coreografías logaron o pase a esta final, que se disputou este ano en Braga, Portugal.
A mellor clasificada foi a coreografía Osito Gominola, que tamén foi a primeira en romper o xeo. As vilalbesas volveron cun meritorio cuarto posto tras competir con Inglaterra, Rusia ou República Checa. Aí ven o Maio, pola súa conta, logrou un oitavo posto tras coreografías de renombre e tradición de Portugal, Inglaterra, Macao ou Hong Kong.
O 1 de xullo bailaron as Carolinas. Un dos pases máis vistoso polo gran número e variados países cos que compartiron escenario, entre eles Inglaterra, Irlanda, Rusia, Ucrania, Mongolia, Macao, Sudáfrica, EEUU, Hong Kong e así ata case 50 coreografias. As vilalbesas lograron un meritorio posto 13.
Finalmente, a participación luguesa rematou o 6 de xullo con Redeiras. Este tamén será un pase moi numeroso no que as de Vilalba finalizaron en décima posición.