Remata en Friol a programación de verán con malabares

O Concello de Friol remata este domingo, 24 de agosto, unha completa programación cultural desenvolvida desde o mes de xullo, enchendo o verán de música, teatro, maxia e humor. As actividades tiveron no Parque Rosalía de Castro e estiveron dirixidas a todos os públicos, cunha aposta clara polo entretemento familiar e pola dinamización cultural da vila.
A programación arrincou o domingo 20 de xullo coa actuación da Familia Bocaprier, que animou as rúas e bares de Friol cun pasarrúas musical cheo de ritmo, enerxía e moito humor.
A programación pecharase este domingo cun espectáculo de circo e clown protagonizado por Mere Clown, con malabares, lume, equilibrios e participación do público, nunha proposta chea de diversión. Será ás 12.30 horas.
Este ciclo cultural está organizado polo Concello de Friol en colaboración coa Xunta de Galicia, a Rede Cultura no Camiño e o Centro Dramático Galego, garantindo así unha ampla oferta de ocio e cultura para os meses estivais.