Remata en Guitiriz un novo seminario da USC sobre paisaxe

TerraChaXa
Remata cun paseo polo bosque do balneario a XV edición dos seminarios “Poética da paisaxe”, organizado polo Concello e a USC
remate do curso da usc sobre paisaxe guitiriz
2 Xul 2023

O venres rematou o programa de seminarios de verán Poética da paisaxe que organizaron conxuntamente o Concello e a USC e que tivo lugar na Casa Habanera. As actividades do campus de verán, que se desenvolveron dende o xoves 28 de xuño contaron coa participación de 45 alumnos e alumnas.

Un paseo polo bosque do Balneario de Guitiriz foi o último acto da sesión, no que estiveron acompañados por Marisol Morandeira, alcaldesa do Concello de Guitiriz, Paula Barral, tenente de Alcadesa, e Sofía Sanchez Miragaya, concelleira de Integración, Promoción e Servizos Sociais.

Ó acto de inauguración acudiu tamén a alcaldesa, Marisol Morandeira; o director do seminario, Roxelio Pérez Moreira; o vicerreitor de Ordenación Académica e do Campus de Lugo da USC, Francisco José Fraga López; e a profesora na facultade de Ciencias da Educación da USC e membro de número da RAG, María López.

Estes seminarios, que xa alcanzan a décimo quinta edición, procuran un achegamento á paisaxe e á natureza a través de diversas disciplinas artísticas ou culturais e das percepcións emocionais.

Os alumnos pudieron desfrutar de actividades como a proxección audiovisual de Pervivencia, dirixida polo profesor da Universidade de Extremadura Saúl de la Peña Lastra.

Os alumnos recibiron un diploma que certificará a súa asistencia e o número de horas realizadas ademais da obtención dun crédito ECTS para os estudantes da USC.

0.073612928390503