Remata en Román a rexeneración completa da vía de acceso á Bardela

TerraChaXa
Foi unha das actuacións máis solicitadas na reunión celebrada hai meses por parte dos veciños
obra-bardela-renda
8 Feb 2025

O tenente de alcalde Modesto Renda anunciou o remate das obras de renovación e mellora da vía de acceso ó barrio da Bardela, na parroquia de Román.

Esta nova rexeneración completa foi unha das actuacións máis solicitadas na reunión celebrada hai meses por parte dos veciños y veciñas da parroquia e o custo total que tivo a obra foi de 17.270,07 euros.

Renda, que contrastou coa veciñanza do barrio o resultado, contextualizou a necesidade deste importante investimento por tratarse da única vía de comunicación pavimentada co que contan os veciños da Bardela para acceder as súas vivendas e explotacións agrogandeiras e explicou que o Concello está xa a organizar novas actuacións na súa contorna.

0.10535502433777