Remata este mércores o prazo para participar no Certame de Arte de Begonte

TerraChaXa
17 artistas gañaron o primeiro premio do Certame de Arte do Belén de Begonte nos últimos 25 anos
primeiro-premio-belen-begonte-arte2
24 Dec 2024

Un total de 17 artistas (11 homes e 6 mulleres) gañaron o primeiro premio do Certame de Arte do Belén de Begonte nos últimos 25 anos.

Manuel Carballeira gañouno en catro ocasións (2008, 2016, 2020 e 2022). Catro lucenses acadárono en dúas ocasións: Alfredo Seixas (2001 e 2006), Fernando Villalba (2014 e 2017), Iago Eireos (2007 e 2011) e José Manuel Peña Romay (2013 e 2023).

As seis pintoras que conseguiron o premio foron Montse Prieto (1999), Fabiola Mecías (2003), Sabela Arias (2005), Fernanda Fernández (2009), Noa Persán (2012) e Adolfina Mesa (2019).

Nunha ocasión foi gañado por: Fernando Yáñez González (2000), Hipólito Xeada (2004), Luis Valentín Fernández Vila (2010), Eduardo Pérez Baamonde (2015), Miguel Ángel Carreira (2018) e Óscar Cabana Picado (2021). Luis Valentín Fernández Vila xa fora o gañador en 1990 da I edición do Certame José Domínguez Guizán. En 2002, o premio quedou deserto.

O Centro cultural José Domínguez Guizán convocou a XXXV edición deste certame, dotada con 2.000 euros e trofeo, que será adxudicado á obra pictórica que resulte seleccionada polo xurado cualificador.

Poden participar pintores nados ou residentes en Galicia, cun máximo de dúas obras de tamaño de ata 1,5 X 1 m., que serán remitidas ao Centro cultural convocante, na sede do Belén: Quitimil, 2, 23373, Begonte.

O prazo de presentación rematará ás 12,00 horas deste mércores 25 de decembro, e as obras seleccionadas serán expostas na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo a partir do 27 de decembro e, con posterioridade na casa da cultura de Begonte.

0.16512680053711