Remata hoxe a Invernada de Cine de Cabreiros co espectáculo Punkdemia

TerraChaXa
A Invernada de Cine chega ao fin da súa décima edición, este vindeiro venres 30 de decembro, co paiaso Peter Punk e o seu espectáculo Punkdemia.
30 Dec 2022

A Invernada de Cine chega ao fin da súa décima edición, este vindeiro venres 30 de decembro, co paiaso Peter Punk e o seu espectáculo Punkdemia. Será ás 19.30 horas na escola de Cabreiros.

Peter Punk convértese no doutor Punkdemia, con un espectáculo viral no que ofrece a súa particular visión da Pandemia.

Punkdemia céntrase en novas rutinas, descubriremos como se viste un paiaso para protexerse da covid-19, uso de mascarillas, vacinas e o equilibrio necesario para facer fronte á desescalada.

A casa escola de Cabreiros volveu estes dos meses ser sede este outono da Invernada de Cine, que este ano cumpriu á súa décima edición. O programa contou con cinco actividades que este ano comezaron un pouco máis tarde, xa que houbo que esperar a novembro. Unha delas, Contaba morrer, do monologuista e contacontos Lois Pérez, tivo que ser adiada.

Trátase dun espectáculo reflicte o optimismo tráxico que nos caracteriza aos galegos e as galegas. Haberá unha parte de narración oral, que será o groso da proposta, na que confluirán distintas historias, e na parte final, poesía. Está pendente de data.

O programa abriuse o 5 de novembro, ás 18.00 horas, coa proxección do documental A mestra da Escola, presentado pola súa directora. Continuou o 19 de novembro, á mesma hora, co film A Virxe Roxa, tamén presentado polo seu director.  O 17 de decembro houbo sesión infantil con Teatro Infantil Ghazafhellos e a peza Iriña Bailarina.

0.15960502624512