Remata na Pastoriza a reparación da estrada de Marco de Alvare á Guarda
Están a piques de rematar as obras do último tramo da estrada entre Marco de Álvare e Os Caínzos-A Guarda, a LU-044-060. Trátase dunha obra enmarcada dentro do Plan Único da Deputación Provincial, que ten un orzamento de 40.000 euros.
Esta obra contemplou o arranxo dun quilómetro de trazado, o último que quedaba tras varias fases de obras. Os operarios arranxaron o piso con aglomerado en quente e fixeron limpeza de cunetas, arranxo das entradas ás fincas e casas, o pintado e a sinalización.
Esta vía municipal conta coa maior carga gandeira do Concello, pois hai máis de 25 explotacións gandeiras que superan as 2.500 vacas, rexistrando un volume moi elevado de maquinaria pesada.
Tras a realización da primeira fase en xuño, o Concello da por terminada esta obra que constou de dúas fases.