Remata nas Pontes o obradoiro Emoción-Arte cunha mostra dos traballos
O proxecto Emoción-Arte, unha proposta da Concellería de Igualdade, a través do CIM, financiada pola Secretaría de Igualdaden, na que participan 15 mulleres e que tiñan como obxectivo prioritario permitir as súas participantes un achegamento ao autocoñecemento, á conexión co seu corpo e coas súas emocións empregando a expresión artística como medio, chega ao seu fin.
Mañá, venres, celebrarase unha xornada aberta ao público na que se amosarán todos os traballos realizados e na que tamén se falará sobre a importancia da expresión emocional a través de diferentes disciplinas.
A sesión, que terá lugar na Casa Dopeso, dará comezo ás 18.00 horas coa presentación dos traballos por parte dos participantes nos obradoiros e ás 19.00 horas terá lugar a mesa de experiencias baixo o título A arte como transformación.