Remata nas Pontes o programa educativo para alumnado absentista

TerraChaXa
Este mes rematou o programa educativo dirixido ao alumnado con perfil abstentista da vila posto en marcha polo Concello das Pontes.
programa absentismo educativo as pontes
26 Jun 2023

Este mes rematou o programa educativo dirixido ao alumnado con perfil abstentista da vila posto en marcha polo Concello das Pontes en colaboración con Aspanaes e a Residencia A Madalena.

O programa tivo como obxectivo prioritario que o alumnado adquirise coñecementos educativos e valores sociais que levasen á modificación da súa conduta.

Así, os centros educativos de secundaria do municipio derivaron ao alumnado con perfil abstentista ao programa de atención educativa á infancia e á adolescencia no que se lles ofreceu apoio socioeducativo.

O alumnado acudiu ás actividades do programa en horario lectivo, os mércores e xoves, para realizar diversas tarefas educativas e os venres acudiron, catro horas, á Residencia da Madalena e a residencia de Aspanaes a realizar tarefas de voluntariado baixo a supervisión do persoal de ambos centros

0.15483117103577