Remata o acondicionamento da praia fluvial da Madalena coa reposición da area
TerraChaXa
As actuacións completáronse coa retirada dos bancos de madeira en mal estado e o acondicionamento das zonas verdes
Cartel
13 Jun 2024
O Concello de Vilalba vén de acometer un novo traballo de acondicionamento na praia fluvial da Madalena: a limpeza e reposición da area na zona de baño.
Ademais, as actuacións completáronse coa retirada dos bancos de madeira que se atopaban en mal estado e o acondicionamento das zonas verdes da área recreativa.
"Desta forma seguimos poñendo a punto a área recreativa da Madalena de cara ao verán para que toda a veciñanza e os visitantes poidan gozar dun paraxe único co que contamos no noso municipio e que debemos potenciar" sinalou a alcaldesa, Marta Rouco.