Remata o campo de traballo Casa da Neveira de Xermade

TerraChaXa
Xa rematou a quinta edición do Campo de traballo Casa da Neveira de Lousada na que participaron este ano rapaces e rapazas de varios puntos da península, como Extremadura, Cataluña, País Vasco, Comunidade Valenciana, Andalucía e Galicia.
67325976_2779256568754631_2087557408132956160_o
28 Xul 2019

Xa rematou a quinta edición do Campo de traballo Casa da Neveira de Lousada na que participaron este ano rapaces e rapazas de varios puntos da península, como Extremadura, Cataluña, País Vasco, Comunidade Valenciana, Andalucía e Galicia. Non faltou tamén a aportación de estudiantes estranxeiros vidos de países como Rusia, Italia e México.

O grupo de rapaces participou neste campo de traballo dende o 9 de xullo e durante 12 días combinando os traballos nesta escavación arqueolóxida con actividades deportivas e culturais.

Os traballos consitiron na limpeza dos arredores da neveira nun radio de 15 metros e no baleirado controlado do seu interior (pezas de cantería e depósitos de terra que ocupan o interior debido aos diferentes procesos de destrución e alteración sufridos polo paso do tempo), ademais de documentación e topografía.

Ademais realizaron obradoiros de artesanía cos artesáns da comarca, actividades deportivas nas instalacións municipais, de lecer na praia fluvial, rutas de sendeirismo, visitas e excursións a lugares de interés da contorna.

0.16821885108948