Remata o concurso de cabazas en Vilalba co reparto de premios

TerraChaXa
Os gañadores, tres por categoría, recibiron un agasallo e un diploma
entrega-de-premios-concurso-cabazas-samain-vilalba
3 Nov 2024

O Concello de Vilalba celebrou unha xornada de Samaín infantil chea de actividades para os máis pequenos e as súas familias, destacando o V Concurso Pinta e Crea a túa Cabaza de Samaín. Numerosos participantes achegáronse para mostrar a súa creatividade e desfrutar dunha tarde de diversión.

No concurso, houbo premios en dúas categorías, recoñecendo as mellores cabazas decoradas. Na infantil o primeiro foi para María Díaz Barreiro (pola cabaza 7), o segundo correspondeu a Malik Jaquín Yáñez (cabaza 11) e o terceiro a León Luque Blanco (cabaza 10). Todos eles recibiron un agasallo e un diploma.

Na categoría familiar, o gañador foi José Luis Canto Seijo (cabaza 5), seguido de María Tenreiro Ramudo (cabaza 6) e Alba Díaz Barreiro (cabaza 4). Tamén houbo agasallo e diploma para eles.

O evento foi un éxito de participación e un exemplo do entusiasmo pola celebración do Samaín na comunidade, fomentando a creatividade e a unión familiar. Desde o Concello, agradecen a todas as persoas que participaron e colaboraron para facer desta celebración unha data especial.

0.14352202415466