Promoven un estilo de vida saudable na mocidade de Begonte

TerraChaXa
Leváronse acabo en Begonte actividades de promoción da saúde dirixidas á mocidade dos clubs deportivos, para abordar as adiccións.
prevencion condutas aditivas begonte futbol sala
3 Maio 2022

Dende o Servizo de prevención de Condutas Adictivas da Agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade leváronse a cabo actividades de promoción da saúde dirixidas á mocidade dos clubs deportivos, e máis concretamente no Club de Fútbol Sala do Concello de Begonte, para abordar as adiccións e promover estilos de vida saudable entre as mozas e os mozos.

As sesións organizadas polo servizo de prevención, foron impartidas polo psicólogo Iván Pico e tiveron lugar os días 26 e 27 de abril no pavillón Municipal de Baamonde.

Na actividade participaron arredor de 33 rapazas e rapaces das categorías infantil, cadete, xuvenil e feminino, con idades comprendidas entre os 12 a 18 anos de idade, organizándose diferente sesións en función das idade para ofrecer un contido adaptado a cada grupo, así como tamén estiveron presentes as adestradoras e adestradores dos mesmos.

Nas sesións abordaronse temas como, as adiccións a substancias (alcohol, tabaco, outras...), adiccións conductuais e emocionais (redes sociais, videoxogos..), a intelixencia emocional e influencia social, así como todas aquelas dúbidas e cuestións que se ían presentando durante a actividade.

A finalidade deste programa é mellorar a información neste ámbito ente a poboación xuvenil, favorecendo a toma de conciencia da problemática que xera o uso e/ou abuso, así como promover a adopción de estilos saudables de vida e ocupación do tempo libre.

0.049010992050171