Remata o mural de Rosalía de Castro na contorna do Parador de Vilalba

TerraChaXa
Un mural de Rosalía de Castro transformará a contorna do Parador de Vilalba. Pablo Lage “Van Kraft” realizará o mural, impulsado polo IESCHA
mural rosalia vilalba iescha parador portada
16 Ago 2022

O grafiteiro e deseñador Pablo Lage Van Kraft rematou esta semana o mural homenaxe a Rosalía de Castro, en Vilalba. Trátase dun proxecto artístico promovido polo Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que plasma a figura da poeta na fachada lateral dun edificio situado na encrucillada entre a rúa Conde Pallares e o acceso ao xardín do Parador.

O deseño, titulado A fiestra de Rosalía, responde a unha mestura de técnicas e representacións tradicionais e modernas de Rosalía de Castro, cunha gama de cores adaptada ao entorno no que se realiza, e ocupará uns 80 metros cadrados.

A intervención encádrase dentro das intervencións artísticas e propostas culturais que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo ven desenvolvendo nos últimos tres anos en espazos públicos para reivindicar a obra de Rosalía de Castro e espallar a súa figura por toda a xeografía.

mural rosalia vilalba iescha parador
0.23773598670959