Remata o prazo de inscrición para o Open de pesca da Pontenova

TerraChaXa | AMariñaXa
23 Xul 2019

Hoxe martes, 23 de xullo, está previsto que remate o prazo de inscrición para participar no quinto open de pesca con mosca que terá lugar no río Eo e que organiza o Centro de Iniciativas Turísticas da Pontenova, en colaboración co Concello e con máis patrocinadores.
Aínda que seguramente queden prazas libres, para saber onde colocarse o día 27 que será o campionato e se haberá ocos, os interesados en participar poden chamar ao teléfono 670.907.768.

0.07793402671814