Remata o prazo de participación no certame Vilariñas

O #CertameVilariñas2018 convocado pola NPG Nova Poesía Guitirica, CulturaliaGZ e Os Vilares Lareira de Soños remata esta noite o prazo para a presentación das micro-poesías VILARIÑAS, certame que se iniciaba o pasado ano con notable éxito de participación (130) e que nesta segunda edición supera xa os 180 traballos presentados.
Nomes ben coñecidos da literatura galega participaram no certame deste ano, no que volven participar os gañadores da primeira edición, Andrea Araújo Alonso, Pedro Rielo Lamela e Toño Núñez.
Unha vez decidido o Fallo do xurado, todas as VILARIÑAS participantes serán editadas no #EstraperloCulturalia da web www.culturaliagz.com en formato PDF para a súa descarga gratuita.