Remata o prazo de solicitude da escola infantil de Cospeito

TerraChaXa
O Concello de Cospeito pecha o prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso na escola infantil municipal.
escola infantil
28 Maio 2022

O Concello de Cospeito pecha este luns o prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso na escola infantil municipal para o curso 2022-2023 que se abriu o día 15 de maio.

O formulario, xunto coa documentación requirida, poderá presentarse vía telemática a través da sede electrónica ou de forma presencial, solicitando cita previamente, no departamento de servizos sociais.

Para máis información, pódese chamar ao número de teléfono 982 520 001.

0.15211701393127