Remata o prazo para anotarse á cea baile de Ribadeume e Bermui

A Comisión de Festas de Ribadeume 2025 e a Comisión de Festas de Bermui 2025 uníronse para organizar unha gran cea-baile o vindeiro 1 de marzo en Casa Peizás, na Capela. A cea comezará ás 22:00 horas e contará cun menú tradicional que inclúe sopa de cocido, lacón, chourizo, cachola, orella, costela, patacas, garavanzos, grelos, tarta xeada, viño, cervexa, refrescos e café, ademais de barra libre.
O prezo da cea será de 45 euros por persoa e 20 euros para menores de 12 anos. Ademais, haberá servizo de autobús desde a estación de autobuses das Pontes ás 21:15 horas cun custo de 5 euros. A festa estará amenizada polo DJ Pitøn e haberá tamén un sorteo para os asistentes.
Os interesados en asistir deberán anotarse antes do 22 de febreiro. As entradas poden adquirirse en varios establecementos colaboradores, entre eles Bar Xardín, Bar Calvo, Bar Cueva 2, Taberna Isabel (Ribadeume) e Trastoy 1. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar cos organizadores.
A organización anima a todos os asistentes a acudir disfrazados para gozar dunha noite chea de diversión e festa.