Remata o prazo para anotarse á Festa do Socio de Friol

A Asociación Cultural Festas Santa Isabel organiza o sábado 27 a tradicional Festa do Socio en Friol. A cita terá lugar no pavillón municipal a partir das 21:30 horas e reunirá veciños e veciñas arredor dunha cea con paella e churrasco.
A celebración incluirá música, sorteos, agasallos e diversas sorpresas para animar unha noite que busca ser un punto de encontro e convivencia.
A inscrición é obrigatoria para poder participar na cea, cunha cota gratuíta para socios e un prezo de 20 euros c.
O prazo para anotarse remata o 22 de setembro e pode facerse a través de Luis Farras, Morandeira, Alejo, Jorge ou Rafa.