Remata o prazo para inscribirse en Cervo nun curso de motoserrista
Cervo informa sobre que quedan poucas horas para inscribirse no curso gratuíto de manexo seguro de motoserra. Concretamente o prazo remata este mércores, día 11.
O curso desenvolverase do 16 ao 20 de setembro, de 16 a 20 horas.
A inscrición está aberta ata este mércores, día 11, no mail formacion@conformaforestal.com. Hai prazas limitadas. Para obter máis información, os interesados poden chamar ao 981551704 ou constular na web http://issga.xunta.gal.
Está organizado polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello de Cervo.