Remata o prazo para solicitar o uso das instalacións deportivas vilalbesas
O Concello de Vilalba remata o prazo para solicitar o uso das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas de adestramento durante a tempada 2024-2025.
Para presentar as súas solicitudes, os clubs contan cun espazo habilitado na Sede Electrónica do Concello, onde deberán depositar a documentación necesaria como último día o 20 de agosto.
Entre as cuestións valorativas que influirán na puntuación estarán o tipo de adestramento, o nivel de competición, o número de socios ou o número total de licenzas federativas que compitan, entre outras.
No relativo aos espazos aos que optarán as entidades deportivas, estes serán: o pavillón municipal de deportes, o pavillón do CEIP Mato Vizoso, o pavillón do CEIP Insua Bermúdez, a pista de tenis número 1, as pistas de atletismo do Estadio A Madalena, o campo de herba artificial, a sala de loita do Auditorio Municipal, a sala de judo da Casa Consistorial, o ximnasio do pavillón municipal e a piscina municipal.