Remata o programa de deshabituación tabáquica na comarca

TerraChaXa
O mércores 15 de xuño finalizou o Programa de Deshabituación Tábaquica organizado a través do servizo de prevención de condutas adictivas.
programa deshabituacion tabaquica agrupacion concellos
17 Xuño 2022

O mércores 15 de xuño finalizou o Programa de Deshabituación Tábaquica organizado a través do servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade a fin de promover hábitos de vida saudable na comunidade.

Na última sesión as persoas participantes que lograron rematar o programa recibiron un diploma de participación, das 7 persoas que iniciaron 3 deixaron de fumar e unha reduciu significativamente o seu consumo, polo que o porcentaxe de éxito foi grande. José Ulla Rocha, alcalde de Begonte, asistiu para a entrega dos diplomas felicitando as persoas que lograron deixar o tabaco destacando que é en beneficio para a súa saúde pero tamén para todas as persoas que os rodean.

A terapia que se iniciou no mes de abril en sesións semanais de traballo foi a cargo de Rosa Marina Zas Castro psicóloga da Asociación Española Contra o Cancro de Lugo, tendo como obxectivo que as persoas participantes abandonen o consumo de tabaco ofrecendo apoio terapéutico e diferentes vías de asesoramento ao fin de facilitar unha alternativa saudable que mellore a nosa calidade de vida.

0.19378900527954