Remata o programa de Nadal en Meira coa última película de Margarita Ledo
TerraChaXa
Proxectarase este sábado 11, ás 20.00 horas, na casa da cultura meirense
10 Jan 2025
O programa de Nadal do Concello de Meira chega ao seu final este sábado 11 de xaneiro coa proxección do filme Prefiro condenarme, o último film de Margarita Ledo Andión.
Este poderá verse na casa da cultura local a partir das 20.30 horas.
O documental mostra a historia dunha mariscadora da ría de Ferrol na que se entrelazan desexo, desobediencia e clase social nun tempo, o da ditadura, en que cuestións como o denominado adulterio ou abandono de fogar eran considerados delitos específicos das mulleres.