Remata o proxecto de ordenación de terras a través de permutas organizado desde Friol

TerraChaXa | LugoXa
O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Comarca de Lugo coordinador do proxecto de cooperación xunto cos GDR Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes e GDR Terras de Pontevedra Norte de ordenación territorial da terra agraria a través do sistema de permutas, celebrou o acto de clausura na Cidade da Cultura despois dunha duración de dous anos no que se superou amplamente as expectativas iniciais, tanto no número de hectáreas como no número de propietarios que solicitaron adherirse a esta ferramenta de mobilización de terras.
12 Dec 2023

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Comarca de Lugo coordinador do proxecto de cooperación xunto cos GDR Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes e GDR Terras de Pontevedra Norte de ordenación territorial da terra agraria a través do sistema de permutas, celebrou o acto de clausura na Cidade da Cultura despois dunha duración de dous anos no que se superou amplamente as expectativas iniciais, tanto no número de hectáreas como no número de propietarios que solicitaron adherirse a esta ferramenta de mobilización de terras.

A apertura do acto foi realizada por José Ángel Santos Sánchez, alcalde de Friol e presidente do GDR Comarca de Lugo, para seguidamente celebrar unhas mesas redondas na que participaron os representantes dos GDRs do proxecto, o presidente do GDR Asdecomor e alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, o presidente do GDR Pontevedra Norte e alcalde de Lalín, José Crespo, a vicepresidenta do Parlamento de Galicia e relator no seu momento do proxecto de Lei de Recuperación da Terra Agraria de Galicia, Elena Candia, así como os xerentes dos GDRs colaboradores do proxecto. Tamén tivo lugar a presentación técnica de obxectivos alcanzados por parte de Miguel Rodríguez de Sial Ingenieria, S.L.

Á clausura do acto tamén asistiron o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, a directora Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé e o conselleiro de Medio Rural, José González, quen defendeu a permuta como sistema útil para a mobilización voluntaria de terras en zonas con intensa actividade agrogandeira con alto coñecemento da propiedade.

Na súa intervención, o titular de Medio Rural puxo en valor este instrumento dentro da "caixa de ferramentas" que proporciona a Lei de recuperación da terra agraria, unha norma que definiu como "toda unha chave mestra" nesta materia. Así, sinalou que as permutas se suman a outras iniciativas amparadas por este texto legal, como as aldeas modelo, os polígonos agroforestais ou as agrupacións de xestión conxunta.

O obxectivo principal era poñer en práctica en tres zonas piloto con características diferentes o procedemento de ordenación da terra agraria a través do sistema de permutas que permita avaliar a súa aptitude para aplicar o mesmo en zonas nas cales non existen problemas nin de identificación da titularidade do parcelario, nin necesidade de máis infraestrutura viaria, sobre todo naquelas áreas con actividade consolidada e co fin de mellorar a produtividade das explotacións existentes e o nacemento de novas iniciativas.

"Nas comarcas dos tres GDR que participan no proxecto, o campo é un piar básico da súa economía produtiva, por tanto, é o primeiro proxecto onde cooperan territorios moi similares que poden traballar en novos proxectos no ámbito da transformación e comercialización de produtos agrarios", dixo Álvarez.

Segundo indica o presidente do GDR 4 Comarca de Lugo e alcalde de Friol, “A reordenación da terra agraria é fundamental para as explotacións activas e para atraer os nosos municipios novos emprendedores, así como para fixar poboación nas nosas comarcas. Non debemos esquecer que ademais debemos procurar que as ferramentas que se empreguen para a reordenación da terra agraria, sexan áxiles e respondan as necesidades reais e particulares de cada unha das explotacións gandeiras. Debemos aproveitar o tirón que teñen as permutas de especial interese agrario para modificar a ordenación territorial das nosas comarcas, xa que Galicia e unha rexión fundamentalmente rural e a supervivencia do rural pasa pola reordenación do territorio a través deste tipo de ferramentas”.

"Grazas ao apoio da Consellería de Medio Rural cun financiamento de 275.000 euros, será posible a posta en marcha dunha segunda fase do plan autonómico de permutas agrarias", concluíu.

0.18215894699097