Remata o Torneo de Pádel de Begonte coa vitoria de Isma e Ángel
TerraChaXa
Participaron un total de 23 parellas durante a competición, que se prolongou tres días
2 sep 2024
Rematou en Begonte o IV Torneo de Pádel, no que participaron un total de 23 parellas dentro da programación deportiva e cultural de verán.
Só faltou unha parella para completar o aforo máximo da competición, na que Isma e Ángel fixéronse co primeiro premio e Alberto e Saúl quedaron na segunda praza.
Tamén houbo premios no cadro de consolación, José María e Bernardo quedaron campións e Xabi e Brais, segundos.
En outubro, dará comezo a III Liga de Pádel.