Remata sen acordo a reunión do comité de seguimento das probas en Endesa

TerraChaXa
A reunión do comité de seguimento das probas en Endesa, celebrada onte, rematou sen acordo sobre a viabilidade económica da proposta.
endesa as pontes vista aerea
13 Mar 2021

A reunión do comité de seguimento, celebrada onte, rematou sen acordo sobre a viabilidade económica da proposta de hibridación de combustibles plantexada, a finais do mes de xaneiro, polos técnicos do Ministerio, Xunta de Galicia e o Concello das Pontes polo que se emprazou a un novo encontro a próxima semana para analizar polo miúdo diferentes cuestións abordadas durante a xornada de hoxe.

O obxectivo desta nova reunión, na que estarán presentes os técnicos do Concello, Xunta de Galicia, Ministerio de Transición Ecolóxica e Endesa, é analizar pormenorizadamente as discrepancias amosadas entre Endesa e as  Administracións Públicas.

As partes implicadas mostraron criterios diferentes sobre as inversións necesarias para resolver algúns aspectos técnicos e nos vindeiros días os técnicos que representan a cada unha das partes implicadas, analizarán punto por punto, esta cuestión xunto con outras, para chegar a unha conclusión común e poder confirmar a viabilidade da hibridación de combustibles.

0.16031813621521