Remata unha nova edición da Moexmu cun novo éxito de público

TerraChaXa
Un ano máis Muimenta volveu ser esta fin de semana a capital do agro coa celebración da Moexmu, a feira multisectorial
moexmu muimenta2
3 Abr 2023

Un ano máis Muimenta volveu ser esta fin de semana a capital do agro coa celebración da Moexmu, a feira multisectorial que chegou á súa XXXIX edición da Mostra Exposición, o XXXVII Concurso de Gando Frisón, a XXXVII Exposición da Gando de Raza Rubia Galega e a XXVII Poxa de Gando Selecto.

Novamente, a localidade quedouse pequena para acoller o gran número de visitantes que tivo a feira nas súas diferentes actividadades.

Novamente o gando, a maquinaria agrícola e gandeira, así como a artesanía centraron o programa durante as tres xornadas nas que se celebrou.

No apartado dos concursos, a Gandería Rey de Miñotelo volveu monopolizar o Concurso de Gando da Moexmu. A explotación da Pastoriza gañou 16 das 22 seccións do concurso, incluídas Vaca Gran Campiona e Xovenca Gran Campiona, mellor criador de vacas e xovencas e animal con mellor ubre.

A Vaca Gran Campiona foi Rey 814 Beemer Yuri, que se fixo tamén co premio á vaca con mellor ubre do concurso.

Pol Collell, xuíz do certame da Moexmu, destacou o grande nivel dos animais participantes, o traballo dos seus criadores e a profesionalidade dos gandeiros galegos.

A poxa de gando selecto que se leva a cabo dentro do programa da Moexmu incluíu este ano 9 animais, 5 vacas paridas e catro xovencas preñadas, pertencentes a 8 ganderías da provincia de Lugo. Vendéronse todos os exemplares presentados, acadando un prezo medio de 2.883 euros.

0.21171593666077