Remata unha nova edicion do Descenso do Miño con seis medallas para os de Lugo

TerraChaXa | LugoXa
Rábade e Lugo acolleron unha nova edición do Descenso Internacional do Miño, no que os palistas lugueses foron os que máis premios levaron.
DESCENSO MINO RABADE LUGO7
DESCENSO MINO RABADE LUGO7
28 Maio 2023

Rábade e Lugo acolleron onte a tarde unha nova edición, a 66, do Descenso Internacional do Miño, no que os palistas lugueses foron os que máis premios levaron.

Algo pasada por auga debido a unha tormenta, Rábade volveu ser o punto de inicio desta proba decana do piragüismo galego, que tiña a meta en Ombreiro.

O vencedor do evento en x-2 sénior foi o Club de Piragüismo Viveiro Urban Hotel, con Alberto Pigueiras e Francisco Vázquez, seguidos de Rafael Carril e Mario Sánchez do Club Neptuno de Toni, de Infiesto. Pecharon o podio Julio Fontán e Pablo García, do Club Naval de Pontevedra.

Na feminina, o triunfo foi para Lucía Valiña e Carmen Villar, do Club Kayak Tudense. O segundo foi para Valeria Romero e Emma Devesa, do Ciudad de Lugo e o terceiro para Avril Freire e Alba Vázquez, do Club Náutico O Muíño de Ribadumia.

Tamén houbo premio para a categoría sénior mixto, na que venceu Susana Alonso e Aurelio Pedrayes, de Piraguas Villaviciosa El Gaitero.

En la categoría c-1 sénior los premios foron todos para o Ciudad de Lugo, liderado o podio por Franco Teo Llamazares, seguido de Daniel Estévez López e David Casaleiro Piña.

En categoría xuvenil k-2 tamén liderou o Ciudad de Lugo, con Víctor Devesa e Daniel Fernández, primeiro, e Alejandro Jubón e Pablo Sainz, segundo.

Los premios máster foron para Vicente Llerandi e Siro Manuel González, de Neptuno de Toni, e César Méndez e Fernando del Riego, do Club Pico Azul.

Finalmente, entre a modalidade popular, que se introduciu este ano, os vencedores foron Miguel Martínez e Alba Carreira.

0.091426134109497