Rematadas as obras de mellora nos cemiterios de Ribadeo e de Ove

TerraChaXa | AMariñaXa
Remataron as obras de mellora realizadas polo Concello
25 Feb 2019

Remataron as obras de mellora realizadas polo Concello nos cemiterios de Ribadeo e de Ove. O investimento total ascendeu a preto de 40.000 euros.
O concelleiro de Cemiterios, Jorge Díaz Freije, explicou que “no camposanto municipal de Ribadeo as obras que se fixeron permitiron mellorar o espazo público dotacional, adecentar e solventar o problema de salubridade do edificio e do acceso a esta instalación”.
No cemiterio de Ribadeo as actuacións realizadas “consistiron na limpeza e saneados do muro de peche, a reparación da porta principal de acceso ao camposanto, a aplicación nos muros de impermeabilizante acuoso e tamén o pintado de todo o recinto. Actuouse en 3.115 metros cadrados. O orzamento foi de 35.419 euros máis IVE”, engadiu o edil ribadense.
O Concello tamén actuou no cemiterio de Ove “onde realizamos a limpeza e saneado do muro de peche de todo o camposanto e tamén aplicamos nos muros impermeabilizante acuoso, pintura ao auga a base de polisiloxanos, igual que no caso do cemiterio municipal de Ribadeo. O investimento neste caso ascendeu a 3.095 euros”, dixo o concelleiro de Cemiterios.
Jorge Díaz Freije amósase “satisfeito polo traballo feito. Había unha necesidade importante para actuar nos dous cemiterios e hoxe eses proxectos son unha realidade”.

0.19174695014954