Rematadas as obras do parque infantil do colexio de Riotorto

TerraChaXa
Os alumnos do colexio de Riotorto xa poden disfrutar dun parque infantil nas súas instalacións.
paque riotorto
15 Xan 2018

Os alumnos do colexio de Riotorto xa poden disfrutar dun parque infantil nas súas instalacións. O Concello comezou no Nadal, aproveitando a época de vacacións, as obras no parque infantil do colexio, que estiveron financiadas pola Consellería de Educación cun orzamentos de 10.000 euros para a reparación principal dos areeiros. Arranxause tamén o chan, que se cubriu cunha capa de formigón que será recuberta con caucho cando as condicións meteorolóxicas o permitan, para protexer aos nenos de posibles caídas.

0.068761110305786