Rematadas as obras na LU-133 pola parroquia ribadense de Covelas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O voceiro do PP en Ribadeo, Daniel Vega, vén de comprobar o remate das obras de mellora que a Xunta de Galicia executou na  estrada LU-133 en San Vicente de Covelas.
7 Out 2019

O voceiro do PP en Ribadeo, Daniel Vega, vén de comprobar o remate das obras de mellora que a Xunta de Galicia executou na  estrada LU-133 en San Vicente de Covelas. Concretamente, e cun investimento de preto de 52.000 euros, os traballos realizados pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade circunscríbense ao treito quilométrico que vai dende o punto 14,300 ao 17,300, e incluíron o fresado nas partes da calzada co firme máis deteriorado. 

O tamén parlamentario popular pon en valor así o esforzo e compromiso da administración autonómica coas infraestruturas de Ribadeo, destacando que se cumpre “a palabra dada polo Goberno de Feijóo”.

Daniel Vega salienta, ademais, que o Goberno autonómico con esta actuación completa así outras actuacións anteriores de mellora da seguridade viaria e reforzo localizado do firme nesta estrada autonómica, que comunica as localidades de Reme (Ribadeo) e Vilamar (Barreiros), e nas que a Xunta xa “inxectara” 800.000 euros.

0.12283086776733